Sierra de O Cando
ForcareiCotobadeA LamaCerdedo
A serra do Cando é un espazo natural cunha altitude media de 712 metros sobre o nivel do mar. Ocupa 5.458 ha e atópase entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Ofrece unha paisaxe ondulada, de media montaña, con superficies de mato e pequenas extensións de carballeiras. Desde os seus gastados picos pódese gozar dunha fermosa visión montañosa a poucos quilómetros do Atlántico. Está considerada pola Unión Europea como un lugar de interese comunitario e está integrado na Rede Natura 2000
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona Fauna e flora acuática inexistente Situado en Cotobade, A Lama, Cerdedo, Forcarei e Beariz Flora e fauna terrestre autóctona Nos montes da serra do Cando predominan as uces de tres tipos: as uces húmidas atlánticas, as uces secas europeas e as ortomediterráneas endémicas con toxo. Tamén se poden atopar bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e, como non, bosques de carballo galego-portugués, tanto na variante Quercus robur coma na Quercus pyrenaica. Nalgúns puntos abundan o narciso (Narcussis cyclamineus) e o salgueiro (Salix salvifoli). No referente ós animais, os máis frecuentes son a pica e os lagartos. Entre as picas, están a pica papuda (Anthus campestri), a pica dos prados (Anthus pratensis) e a pica das árbores (Anthus trivialis). Entre os lagartos, poden verse exemplares do lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e da píntega (Chioglossa lusitanica). Tamén se poden atopar papuxas montesas (Sylvia undata), pedreiro cicento (Oenanthe oenanthe) e lagarteiros (Falco tinnunculus) Organismo responsable Consellería de Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Zona acampada: Sí
- Descrición do ámbito: Montañoso
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: ZEPVN, LIC, Red Natura 2000
Servizos
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Merendero: Sí
- Observatorio de Aves: Sí