Concatedral de Santa María de Vigo
A Concatedral de Vigo, coñecida popularmente como a Colexiata, está considerada un dos mellores exemplos da arquitectura neoclásica galega.
Orixinariamente había outra igrexa que contaba cun cemiterio, pero debido ó mal estado desta e a que medidas lexislativas recomendaban a construción de cemiterios fose do centro urbano, decidiuse construír unha nova. O templo acolle a imaxe do Cristo da Vitoria, sen dúbida o emblema relixioso máis importante da cidade, que sae en procesión o primeiro domingo de agosto.
A planta consta de tres naves. A nave central é máis alta que as laterais. A separación entre as naves faise a través de doce columnas dóricas co seu correspondente entablamiento con triglifos e metopas. A fachada principal ten unha ornamentación sinxela, cunha composición clara e simétrica. O corpo central termina nunha ampla cornixa adornada con mútulas e perfís rectos, coroado o conxunto por un frontón triangular. Os corpos laterais están coroados por dúas torres xemelgas, máis barrocas que o resto da edificación. Cabe destacar o reloxo de sol, situado na fachada ao lado dereito, colocado en 1837 e realizado polo escultor Juan Agustín Domínguez. A igrexa atópase en pleno centro histórico, moi próxima ó mercado da Pedra e á praza da Constitución. Empezouse a construír en 1811, segundo o deseño do arquitecto Melchor de Prado e Mariño

Accesos
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Urbano
- Abierto festivos: Sí
- Organismo responsable: Igrexa católica
- En uso: Sí
- Estilo Arquitectónico: Neoclásico
- Tipología: Templo/igrexa
- Interés Paisajístico: Elevado
- Cronoloxía: De 1811 a 1836
Horarios
- Horario de Oficios: Sí
- Horario de apertura desde: Luns
- Horario de apertura hasta: Domingo
- Hora Apertura mañana: 09:00:00
- Hora Cierre mañana: 13:30:00
- Hora Apertura tarde: 18:00:00
- Hora Cierre tarde: 20:30:00