Danza de San Sebastián de Aldán
A Danza de San Sebastián ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade deste santo, no atrio da Igrexa de San Cibrán, aínda que ás veces repítese no mesmo día noutros puntos da parroquia. Algunhas teorías relaciónana cunha orixe pagá pero, como moitas outras tradicións, foi cristianizado por ser un agradecemento ou expresión de alegría. O día que se honra a San Sebastián interprétase esta danza de damas e galáns, cuxos traxes son moi rechamantes e grandes reliquias
Características
Curiosidades A danza é realizada por dez galáns, cinco damas e un guía. Ata hai 40 anos era interpretada unicamente por homes Orixe e historia Esta peculiar danza está considerada pola súa antigüidade como danza ancestral, anque non é posibel precisar con exactitude a súa orixe, debido á inexistencia de documentación ó respeto.Tense constancia de que a tradición desta danza é anterior a 1678, dado que nun documento datado en setembro dese ano recóllese a constitución da confraría en honra ó Glorioso Señor San Sebastián onde se menciona xa a existencia da DANZA DE ALDÁN e se fai referencia a ela.
O significado desta danza naceu cun marcado carácter votivo, os danzantes son veciños que ofrecen a súa danza ó santo en cumprimento dunha promesa Organismo responsable Asociación Cultural San Sebastián Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Empeza coas venias a san Sebastián e á Cruz. Os danzantes inclínanse seis veces ante cada imaxe: tres veces cando se achegan e outras tres ó volver á posición inicial. A Virxe da Carmen acompaña o Santo arroupado por unha gran rama de limoeiro, e a Cruz. O guía dirixe en todo momento os movementos do grupo, que baila seguindo o son da gaita e o tamboril, acompañados do ritmo que fan ó soar as castañolas dos galáns. Esta clásica danza finaliza cunha muiñeira a modo de contradanza
- Descripción del entorno: Rural
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 20/01/2020
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí