Fiesta de la Arribada de la carabela Pinta
Casco antigüo de BaionaBaiona (Santa María de Fóra)36300 BaionaPontevedraoficinadeturismo@baiona.org
Recreación histórica da chegada da carabela A Pinta a Baiona, o 1 de marzo de 1493, coa noticia do descubrimento do novo mundo.
Unha festa que, cun profundo significado histórico, goza da total participación e implicación dos baioneses e as decenas de miles de visitantes que participan en cada edición deixándose levar polas cores, sons, formas e sabores dun burgo medieval e recreando no seu areal da Ribeira a representación teatral do magno acontecemento da “Arribada do Descubrimento”.
Postos de viandas e artigos feitos a man xunto coa cetrería, as xustas, o rocódromo e as tirolesas, os talleres infantís de adestramento de cabaleiros e atraccións medievais por prazas, rúas e praias, fan que o Real Mercado sexa inmemorable.

Servizos
- Baños públicos: Sí
- Punto de información: Sí
- Puesto de la Cruz Roja: Sí
- Actividades para niños: Sí
- Actividades de animación: Sí
Características
Curiosidades O día 1 de marzo conmemórase a chegada da carabela Pinta ó porto de Baiona coa noticia do descubrimento de América. Nos últimos anos aumentaron os actos para lembrar tan histórico suceso e por tal motivo a festa faise coincidir co fin de semana seguinte ó que ata agora era día de festa oficial Orixe e historia A Festa Medieval da Arribada, que se celebra desde 1996; consiste na reprodución real da arribada a Baiona da carabela Pinta nos mesmos escenarios de hai cinco séculos, cunha vila transformada nun burgo medieval mediante a ambientación, animación, costumes e vivencias daquela época, cun mercado e unha algarabía de comerciantes, comediantes, e personaxes variados que conseguen introducir ó público no túnel do tempo e transportalo ó medievo. Os inicios dos actos conmemorativos da Arribada da carabela Pinta a Baiona, remóntanse ó 6 de abril de 1892, a través dunha acta que acredita os solemnes actos celebrados na Real Vila de Baiona, con motivo do cuarto centenario. Este documento está custodiado no arquivo histórico de Baiona Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Ten lugar nas rúas da zona monumental e nos paseos contiguos. Nesta festa pódense adquirir os produtos de artesanía que se elaboraban no século XV. Músicos, xograres, malabaristas e artesáns percorren eses días as rúas revivindo o feito que se conmemora. Ademais, escenifícase o relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes lle fixeron da xesta do descubrimento ó corrixidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493. Os actos complétanse cunha cerimonia oficial, na que participan representantes dos concellos de Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada e Pornic, vilas irmandadas coa de Baiona- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello de Baiona
- Declaración de interese turístico: Internacional
Data celebración
- Data de: 28/02/2020
- Data ata: 01/03/2020
Espectáculos
- Espectáculos musicais: Sí
- Espectáculos teatrais: Sí
Accesos
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí