Belén artesanal en movimiento
Rúa Nova, s/nCampaña (Santa Cristina)36647 ValgaPontevedra
É unha das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia polas súas dimensións, con máis 3.000 pezas en 250 m2, e por non recoller as típicas escenas da tradición relixiosa, tamén incorpora elementos da actualidade.
Está construído de forma artesanal pero incorpora novas tecnoloxías para dar movemento a unhas 300 pezas, bombas de auga e iluminacións.
A orixe data do ano 1995 tras realizar uns talleres artesanais para elaborar imaxes do Nadal, pero cada ano foi gañando número de imaxes e novidades. No ano 2013 tivo o seu recoñecemento como interese turístico galego
Está construído de forma artesanal pero incorpora novas tecnoloxías para dar movemento a unhas 300 pezas, bombas de auga e iluminacións.
A orixe data do ano 1995 tras realizar uns talleres artesanais para elaborar imaxes do Nadal, pero cada ano foi gañando número de imaxes e novidades. No ano 2013 tivo o seu recoñecemento como interese turístico galego
Servizos
- Baños públicos: Sí
Características
Orixe e historia Comezou sendo unha iniciativa sen maiores pretensións que acabou por converterse nunha gran atracción. Desde o ano 1995 un grupo de veciños, en colaboración co Concello de Valga, tomaron esta empresa como unha parte ineludible das festas do Nadal. Desde comezos de setembro, comezan as actividades da montaxe do Belén. Planifícase como se van a distribuír as máis de 3.000 figuras coas que conta o belén nos 250 m² que ocupa, os novos grupos ou figuras que se poden crear para esa edición e cales se poden mellorar. O belén instálase en diversos locais para acabar no lugar de Rúa Nova- Campaña. Desde hai 18 anos, este belén é unha cita obrigada para valgueses e visitantes da comunidade e mesmo de fóra Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Os visitantes deben atopar, coa axuda de tres pistas, un personaxe famoso entre todas as figuras, introducir o seu nome nunha urna e esperar sorte ata que nos últimos días se escolla gañador por sorteo, que poderá elixir como premio calquera das figuras do belén- Descripción del entorno: Rural
- Organismo responsable: Asociación Amigos do Belén
- Declaración de interese turístico: Galego
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí