Castro de a Subidá
A PorteliñaMogor (San Xurxo)36913 MarínPontevedra
Asentamento castreño situado sobre o cumio e ladeiras dun outeiro coñecido como Coto ou Monte das Sete Espadas.
O Castro da Subidá, a veces coñecido como Castro da Porteliña, localízase nun pequeno e solitario montículo de inclinadas pendentes e unha magnífica visibilidade sobre Marín e a Ría de Pontevedra.
As fortes pendentes da ladeira propiciaron que os moradores crearan terrazas dentro do recinto amurallado. O período de ocupación deste castro exténdese bastante no tempo, supón unha habitabilidade que iría dende o século IX a.C. ata o século II d.C.
O Castro ocupa unha extensión de case 30.000 m2 e actualmente excavaronse aproximadamente un 1% que deixou ó descuberto os cementos dalgunhas vivendas circulares construidas entre os séculos I a.C. e I d.C. Tamén foron descubertos dous promontoiros rochosos nas esquinas que poderían ser a base para dúas torres defensivas.
Actualmente o xacemento foi posto en valor con placas de señalización e información sobre a cultura castrexa e do propio castro. A palabra "subidá" ven do latín "civitatem", relativo a cidade, topónimo empregado en moitos outros xacementos deste tipo, polo que poderíamos velo tamen escrito como "Suvidá" ou "Sividá"

Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Con vistas panorámicas
- Interés Paisajístico: Moderado
- Propiedad: Pública
- Protección Legal: Sí
- Altitude: 150 m
- Abierto festivos: Sí