Casa da Gaita
Quintán, 3Viascón (Santiago)36121 CotobadePontevedra
Un edificio xestionado pola AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos) que está adicado á gaita de fol, á súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galicia: Ricardo Portela.
A casa da Gaita acolle unha colección de instrumentos na que ademas de gaitas antigas, aparecen outros instrumentos musicais que acompañaron á gaita de fol: tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas.Tambien acolle información sobre a maneira tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia. Esta colección tamen conta cunha exposición de mais de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como os recursos multimedia que permitirán achegarse á historia e construción de todos os instrumentos musicais galegos.
Os visitantes poderán descubrir tamén diversos aspectos da vida de Ricardo Portela, Presidente Fundador e Presidente de Honra da Asociación de Gaiteiros Galegos, e tamen referente indiscutible dos músicos tradicionais galegos
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
Características
- Estilo Arquitectónico: Popular
- Descrición do ámbito: Rural
- Propiedad: Privada
- Interés Paisajístico: Moderado
- En uso: Sí
Servizos
- Punto de información: Sí
- Reservas: Sí
- Botiquín: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego
Prezos
- Tipo de Entrada: De balde
Horarios
- Horario de apertura desde: Luns
- Horario de apertura hasta: Venres
- Hora Apertura mañana: 10:00:00
- Hora Cierre mañana: 13:00:00
- Hora Apertura tarde: 17:00:00
- Hora Cierre tarde: 19:00:00