Ruínas de Santa Mariña de Dozo
Avenida da Pastora, 79-81Cambados (Santa Mariña)36630 CambadosPontevedraparroquiadecambados@archicompostela.org
Situada na saia do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo castro, atópanse os restos da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, patroa de Cambados.
Sobre unha capela románica do s.XII, Lope Sánchez de Ulloa construíu a igrexa de Santa Mariña Dozo, que foi restaurada e ampliada pola súa filla María de Ulloa, nai de Alfonso III de Fonseca, a finais do s. XV. De estilo gótico mariñeiro, presenta tamén trazos renacentistas. Consta dunha soa nave dividida por catro arcos transversais románicos, cinco capelas laterais, sancristía e capela maior. No seu interior destaca a decoración con bólas sobre os arcos e capelas. Nun destes arcos está representado un dos sete pecados capitais. Nas capelas destacan as iconografías en relevo con escenas bíblicas, tales como a visitación, Cristo e os apóstolos, a expulsión do paraíso ou os pecados capitais.
Foi abandonada por motivos políticos e relixiosos no s. XIX, trasladando a igrexa parroquial á igrexa do extinguido convento de San Francisco.
Dende entón utilizouse como cemiterio parroquial, e declarouse o terceiro monumento funerario máis importante de España pola prestixiosa Asociación de Cemiterios Significativos de Europa (ASCE)

Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Abierto festivos: Sí
- Estilo Arquitectónico: Románico
- Tipología: Templo/igrexa
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC