Parque Natural Monte Aloia
Extraordinaria atalaia de case 631 metros de altura, 746 hectáreas e de gran beleza paisaxística, que foi declarado Parque Natural no ano 1978, o primeiro de Galicia, e catalogado tamén como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
Formado por elementos naturais, etnográficos e arqueolóxicos para coñecer e conservar. Posúe un recinto amurallado de época galaico-romana e unha pequena ermida dedicada a San Xián, reconstruída no ano 1713 sobre un templo románico.
Destaca a Casa Forestal de curioso deseño, agora Centro de Interpretación da Natureza. Existen diversas rutas de sendeirismo e poderemos gozar de miradoiros naturais. Este espazo natural ha servido de refuxio e defensa das diversas invasións que sufriron estas terras ao longo da Historia, especialmente durante a Idade Media
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona Flora: salgueiro (Salix atrocinerea), Alnus glutinosa e Osmunda regalis. Fauna: pintafontes(anfibios de longa cola esmagada que se atopan nas augas estancadas), Notonecta glauca (insecto acuático) e Guerris lacustris (insectos que camiñan sobre a auga) Flora e fauna terrestre autóctona Flora: Merendera montana, alcipreste de Lawson, Erica arborea (urce branca), Boletus badius, Asphodelus albus e Quercus suber entre outros.Fauna: libélulas e cabaliños do demo (insectos que viven preto de rios, lagoas ou zonas húmidas), Dendrocopos major (paxaro carpinteiro), Chalcides chalcides (réptil rápido e áxil), Papilio machaon (bolboreta), Vulpes vulpes (raposas), Gryllus campestris, Buteo buteoe salamandra, entre outros Organismo responsable Consellería de Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia
- Descrición do ámbito: Con vistas panorámicas
- Situado en: A 7 km do centro de Tui
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: Parque Natural, ZEPVN
Servizos
- Punto de información: Sí
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Merendero: Sí
- Permitido el baño: Sí
- Baños públicos: Sí