Ensenada de San Simón
A unión da desembocadura do río Verdugo e as mareas, atopamos un chairo mariño rico en mariscos bivalvos e numerosas aves de invernada en plena ría de Vigo.
A enseada alberga o arquipélago de San Simón formado por 4 illas: San Bartolomé, San Antonio, San Simón e San Norberto. Unha das máis relevantes é a illa de San Simón, pertencente á Rede Natura 2000.
Desde o S. XII ata o XIX, foi utilizada por diversas ordes relixiosas sufrindo múltiples incursións navais. Desde 1838 ata 1927 funcionou como lazareto. En 1936 foi convertido en prisión para republicanos, que albergou a máis de 4000 presos políticos. En 1948 a illa destínase a albergue da Garda de Franco, falecendo en 1950 nun naufraxio 43 persoas. De 1955 a 1963 é reconvertido a orfanato para fillos de mariñeiros. Nas décadas do noventa produciuse a restauración de todo a contorna.
Actualmente é un paraíso natural cargado de historia
Accesos
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona A enseada de San Simón é un lugar de gran produción e explotación de mariscos. Entre os moluscos máis coñecidos están a ameixa, o berberecho e, sobre todo, a ostra, que atopa aquí un dos últimos bancos de toda Galicia. Esta riqueza fai que nos atopemos nun dos lugares máis representativos de Galicia para a invernada de aves acuáticas coma o lavanco real, o pato culler, o pato rabilongo, a cerceta real, o pato chupón e cristado e a garza pequena. Ademais, atópase un gran número de limícolas coma biluricos, pilros ou mazaricos. Cando as enormes bandadas de muxes ascenden pola desembocadura do río Verdugo pódense avistar os lombos dos delfíns comúns, aquí chamados arroaces, asomando cara ó interior da enseada Flora e fauna terrestre autóctona Nas marismas, que salpican a paisaxe da enseada de San Simón, pódese escoitar ó rascón ou contemplar o voo do gavilán ou do peneireiro. Cando a marea baixa esténdese unha amplísima chaira intermareal cunha excepcional comunidade de algas pardas e verdes. Na illa de San Simón existe un bosque de carácter ornamental onde destacan extraordinarios exemplares de buxo Organismo responsable Servizo de Ambiente Natural de Pontevedra- Pesca deportiva o submarina: Sí
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Zona de buceo: Sí
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: ZEPVN, Red Natura 2000, LIC
Servizos
- Punto de información: Sí
- Navegación y fondeo: Sí
- Observatorio de Aves: Sí