Mirador de A Virxe da Rocha
A imaxe da Virxe da Rocha é un dos monumentos máis coñecidos do municipio de Baiona. Foi construído en granito sobre as rochas do monte Sansón polo gran arquitecto porriñés Antonio Palacios, autor de edificios e arquitecturas destacadas de estilo modernista. A obra foi inaugurada no ano 1930, ten 15 metros de altura e representa á Virxe sostendo na súa man dereita unha barca-miradoiro ao que se accede por unha escaleira interior de caracol realizada en pedra. A cara e as mans da Virxe son de mármore branco, obra de Ángel García, e a súa coroa foi construída en porcelana.
A intención dos seus construtores era que o monumento servise de referencia aos navegantes, e certamente conseguírono. Desde o miradoiro situado xunto á Virxe da Rocha gózase destas magníficas vistas do Océano
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
- Abierto festivos: Sí
- Prezos: 1,5 €
- Seguro para niños: Sí
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Interés Paisajístico: Elevado
Servizos
- Punto de información: Sí
- Merendero: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego, Inglés