Estuario del río Miño
36780 A GuardaPontevedra
O estuario do Miño, situado ó suroeste da provincia de Pontevedra, esténdese ó longo de 15 km e serve de fronteira natural entre España e Portugal. Comprende os concellos da Guarda e do Rosal. Este amplo estuario transfronteirizo esconde un dos espazos naturais de maior diversidade biolóxica de Galicia. Neste espazo conflúen dous grandes ecosistemas: o mariño e o fluvial
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona Flora acuática: no estuario do Miño destaca a presenza dun extenso canaval de grande interese ecolóxico, xa que constitúe o hábitat dun gran número de especies. Os xuncos son outra comunidade vexetal de grande importancia, xa que no medio deles crecen outras especies coma as espadanas e os lirios amarelos.Fauna: a fauna acuática do estuario está composta principalmente por especies migratorias de peixes coma o salmón, o reo ou o sabre, que pasan a maior parte da súa vida no mar, e durante a época de reprodución desprázanse ás augas doces do río para desovar. A lamprea é unha das especies máis representativas e apreciadas do estuario. En canto ós anfibios e réptiles, destaca a ra verde, a ra de San Antonio, as píntegas, os tritóns, o sapo común, o sapo corredor, o lagarto verde, e as cobras de colar e liscanzo Flora e fauna terrestre autóctona Flora: Perfilando as marxes do estuario atópase o bosque de ribeira con alisos ou salgueiros. Na desembocadura, adaptados á proximidade ó mar e ó chan arenoso, a especie predominante é o piñeiro marítimo que forma un denso bosque onde podemos atopar ademais outras especies como carballos, alcornoques, xestas e acacias. Canto á zona dunar e costeira, está poboada por pequenas plantas sometidas a condicións adversas como a herba de namorar, a azucena de mar, o aldehí de praia ou o cardo de ribeira.
Fauna: A maior riqueza do estuario é sen dúbida a ornitofaúna acuática, xa que xoga un papel moi valioso na dinámica migratoria. As garzas reais e as garcetas visítannos no inverno; menos frecuentes son as espátulas, avocetas e moritos. Abundan os zarapitos, andarríos, agullas, chorlitos e correlimos. Os ánades reais, cercetas, serretas e porrones forman bandadas que percorren o estuario
- Descrición do ámbito: Fluvial
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: LIC, ZEPA, ZEPVN
Servizos
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Merendero: Sí
- Navegación y fondeo: Sí
- Permitido el baño: Sí
- Baños públicos: Sí
- Observatorio de Aves: Sí