Balneario de Mondariz
Av. Enrique Peinador, s/nMondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)36890 Mondariz-BalnearioPontevedrainfo@balneariodemondariz.com
A vila termal do Balneario de Mondariz está formada por varios edificios que ofertan unha gran variedade de servizos. Destaca a construción histórica do Gran Hotel, obra de Jenaro de la Fuente, xunto cos seus xardíns, ambos restaurados recentemente. Tamén se deben mencionar o antigo Hotel Sanatorio, proxecto non rematado de Antonio Palacios, onde se levantou o hotel; a estatua de Peinador; e as fontes termais de Troncoso, á que se accede por un paseo polo Tea, e a da Gándara, sobre a que Palacios levantou un pavillón de granito pulido.
Finalmente, elementos como o campo de golf, o Museo Municipal da Auga ou o Pazo da Auga, unha nova aposta termolúdica, conforman este gran espazo de lecer.
O Balneario viviu momentos de gran esplendor, recibindo a visita de personaxes ilustres e selectos da cultura, do pensamento e da política da época: Castelao, a raíña Isabel de Portugal ou Emilia Pardo Bazán. Posuían imprenta propia coa que lanzaban o semanario La Temporada e a revista Mondariz. Incluso tiñan moeda propia, o Peinador.
A Guerra Civil paralizou a vida do lugar, e un incendio en 1973 rematou unha época dourada, hoxe totalmente recuperada e adaptada ao novo século.
A área termal de Balneario de Mondaríz, que arrastra unha tradición de máis de un século, é a día de hoxe un centro dotado das máis modernas técnicas de aplicación de augas mineromedicinais, ideais para tratamentos de saúde, beleza e relax. Un balneario á carta onde ten á súa disposición un servizo profesional e persoalizado baixo a direción do equipo médico

Augas
- Augas: 18º C
Tipos de augas
- Bicarbonatadas-Cálcicas
- Carbogaseosas
- Ferruxinosas
- Termais
Especialidade balneario
- Aparello Dixestivo
- Aparato Locomotor
- Aparello Respiratorio
- Artrite
- Artroses
- Curas de Repouso
- Rehabilitación
- Sistema Cardiovascular
- Sistema Nervioso
- Trastornos Metabólicos
- Tratamentos Antiestrés
Técnicas termais
- Aerosois
- Auga Bebida
- Baño Celta
- Baño Mineromedicinal
- Baño Turco
- Baño de Hidromasaxe
- Baño de vapor
- Baño ou Ducha de Esencias
- Baños Termais
- Cabina ou Gruta de Xeo
- Camas de Auga
- Camas de Burbullas
- Camas de Hidromasaxe
- Chorros
- Chorros de Hidromasaxe
- Contracorrentes
- Ducha Circular
- Ducha jet
- Ducha Peeling
- Ducha Escocesa
- Duchas Nasais
- Fangoterapia / lodos
- Hidromasaxe
- Inhalacións
- Jacuzzi
- Jets de Masaxe
- Masaxe Xabonosa
- Masaxes Terapéuticos
- Máscaras Termais
- Nebulizacións
- Néboa
- Pediluvios
- Piscina de Auga Termal
- Piscina de Contrastes
- Pulverizacións
- Sauna Celta
- Sauna Húmida
- Sauna Seca ou Finlandesa
- Sillóns Térmicos
- Termas Húmidas e Secas
- Vaporizacións
- Circuito termal
- Duchas
- Baños
Técnicas complementarias
- Masaxe manual
- Musicoterapia
- Aromaterapia
- Chocolaterapia
- Cromoterapia
- Drenaxe linfático
- Electroterapia
- Envolvementos
- Envolvemento de algas
- Estética facial e corporal
- Fisioterapia
- Infravermellos
- Parafangos
- Parafinas
- Presoterapia
- Reflexoloxía podal
- Solario ou raios UVA
- Vendas frías
Aloxamento
- Propio:
Programas
- Anti estrés
- Beleza
- Relax e beleza
- Reumatolóxico
- Dermatolóxico
- Adelgazamento
- Circuito termal
- Tratamentos antitabaco
- Tratamentos de estética
Servizos e instalacións
- Departamento médico ou ATS
- Centro lúdico termal
- Zona de relaxación
- Restaurante
- Bar / cafetería
- Aparcadoiro / garaxe
- Actividades de ocio / animación
- Discoteca
- Ximnasio
- Golf
- Xardín-terraza
- Piscina
- Piscina climatizada
- Sauna
- Spa
- Tenis
- Tendas
Especial para nenos e familias
- Aluguer de bicicletas
- Animación infantil
- Área de xogos para nenez
- Gardería
- Habitacións familiares
- Piscina infantil
- Servizo de canguro
Accesos
- Aparcamento con prazas minusválidos
- Ascensor accesible entre plantas
- Instalacións e zonas comúns accesibles
- Piscina adaptada a minusválidos
- Restaurante accesible sen chanzos
- WC adaptado a minusválidos en zonas comúns