01

01.SABOREA A COMARCA DA PARADANTA

VIÑO E LAMPREA

VIÑO E LAMPREA

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • CRECENTE, ARBO E A CAÑIZA

      • É probable que as pesqueiras ou pescos que hai na beira do río Miño sexan de época romana. Conforman un patrimonio único que se segue utilizando e que consiste en construcións de pedra en forma de paralelepípedos que provocan correntes e facilitan a captura de distintas especies de peixes de río, fundamentalmente o salmón, a lamprea e a zamborca. Existe unha ruta sinalizada que percorre un pequeno tramo do río Miño con pesqueiras.

      • Centro dedicado a difundir a historia do viño e a tradicional pesca da lamprea, dous produtos que marcan a identidade do municipio. Durante a súa visita coñecerás as especificidades da vitivinicultura e das adegas, ademais da historia e os métodos de captura da lamprea. Centro dedicado a difundir a historia do viño, coñecer as especificidades da vitivinicultura e das adegas, así como a transmitir os métodos tradicionais de pesca da lamprea.

      • Festa de Interese Turístico Nacional que ten lugar en abril e na que en carpas ou nos restaurantes e bares da localidade se pode degustar lamprea, elaborada de diferentes maneiras: en empanada, seca ou rechea, acompañada de viños da D. O. Rías Baixas Subzona de O Condado.

      • Festa que ten lugar en agosto na que se pode degustar a lamprea desecada nos secadoiros da localidade e cociñada de diferentes maneiras: asada, rebozada, rechea, con fideos… sempre acompañada cos mellores viños da D. O. Rías Baixas da Subzona de O Condado.

    • A elixir 1 adega onde poderás degustar os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas da subzona de O Condado de Tea:
      • O antigo mosteiro da Franqueira atópase situado no corazón dos montes da Paradanta. O primeiro testemuño relativamente seguro da súa existencia procede de 1063.

  • Día 2:
    • A CAÑIZA E COVELO

      • Situada en plena zona antiga da Cañiza, nela exponse a obra pictórica de Diego Giráldez, recoñecido pintor hiperrealista e autor significativo da pintura contemporánea española.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en agosto, promociona o produto máis coñecido da Cañiza: o xamón. O clima frío e seco da localidade garante a boa curación das carnes, especialmente dos xamóns.

      • O centro presenta o oficio de borreiro (cereiro), explica o proceso que orixina a formación da cera, as técnicas para a súa obtención, así como o traballo e o proceso de fabricación de velas ou exvotos.

      • Situado nun casarón moi ben conservado do século XVI, expón unha das coleccións etnográficas privadas máis importantes de Galicia, con máis de 6.000 obxectos, dispostos nas distintas estancias da casa.

      • Construído en 1922, o complexo consta do serradoiro, o sequeiro ou almacén de madeira, unha pequena forxa, un pequeno almacén e un forno para eliminar os residuos. A través de raís, as vagonetas transportaban a madeira ata o interior do serradoiro. Especializouse na fabricación de carros.