04

04.SABOREA AS COMARCAS DO BAIXO MIÑO E VIGO

PURO ATLÁNTICO

PURO ATLÁNTICO

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • OIA E BAIONA

      • Construíuse no século XII en primeira liña de costa. As continuas reformas achegaron ao conxunto elementos arquitectónicos románicos, góticos e barrocos. Destaca o seu carácter fortificado, pois no século XVI foi lugar de defensa da costa e refuxio de barcos.

      • Poboado rodeado dunha muralla monumental situado nun outeiro desde a que se obtén un importante control sobre o Atlántico. No exterior da muralla pódense ver varios gravados rupestres con combinacións circulares incompletas engarzadas unhas con outras.

      • Festa que promociona o ourizo de mar que ten lugar na localidade de Oia no mes de abril. Degústanse ourizos de mar, extraídos das costas de Oia, crus, cocidos ou á brasa e acompañados de pan de millo e viño do país.

      • Montes rochosos xunto á costa cubertos de matogueira baixa, con piñeiros e carballos nos vales. Esténdese polas poboacións de Tomiño, A Guarda, Oia, Baiona e Gondomar, con puntos coma o monte Lousado, o Alto da Grova ou A Pedra da Gata, que ofrecen vistas panorámicas de gran beleza.

      • É un enclave único e estratéxico no que se construíu un faro en 1862 que tivo que trasladarse no ano 1924 a unha posición máis elevada. No lugar tamén se conservan baterías militares e sábese que no ano 1949 naufragou alí o navío Thalassa, con pasaxeiros que fuxían da Segunda Guerra Mundial.

      • Declarado Conxunto Histórico-Artístico, percorrendo as súas empedradas rúas descóbrense casaróns señoriais, coma o pazo de Correa, do século XVIII, o cruceiro da Trindade, do século XV, ou a excolexiata de Santa María, de aspecto fortificado e construída no século XIII.

      • Festa de Interese Turístico Internacional que ten lugar a primeira fin de semana de marzo e na que se conmemora a chegada da carabela Pinta a Baiona no ano 1493, a primeira noticia que se tivo do Descubrimento de América. A festa enche as rúas de música, mercados e actividades. Escenifícase o relato que Martín Alonso Pinzón lle transmitiu ao corrixidor de Baiona.

      • Situada na Casa Carvajal, mostra a evolución histórica, urbana e social da Real Vila de Baiona, así coma o protagonismo do seu porto nas rutas de navegación atlántica. Unha das pezas expostas de máis interese é a reprodución da carabela Pinta, que, no ano 1493, chegou ao porto de Baiona procedente de América.

      • Réplica da embarcación que permanece amarrada no porto de Baiona. No seu interior pódense descubrir detalles sobre a tripulación e sobre a carga que chegou a este porto no ano 1493: metais, plantas, alimentos, animais exóticos…

  • Día 2:
    • BAIONA, NIGRÁN, REDONDELA E SOUTOMAIOR

      • É o monumento máis destacado de Baiona, deseñado en granito sobre as rochas do monte Sansón polo arquitecto Antonio Palacios e inaugurado no ano 1930. Con 15 metros de altura, representa a Virxe, que sostén unha barca e é un miradoiro ao cal se accede por unha escaleira.

      • Situada no porto de Baiona, controla a entrada á ría de Vigo. Conserva elementos de época medieval e ata o século XVIII e destaca a súa monumental muralla de ameas flanqueada por torres e garitas. Actualmente aloxa o Parador de Baiona.

      • Paseo, de máis de 2 quilómetros, que percorre a península do Monte Boi, rodea o castelo de Monterreal e transita por praias e calas con vistas espectaculares. Durante o paseo, dotado con área de descanso e miradoiros, pódense descubrir baterías militares ou percebeiros.

      • Arco de ferradura, un dos poucos exemplos de arte prerrománico en Galicia que debeu de pertencer a un templo do século X que non se conservou.

      • Deseño en granito do arquitecto Antonio Palacios edificado entre 1932 e 1937 e consagrado á Virxe do Carmen. Nel mestúranse notas arquitectónicas de inspiración gótica, modernista e mesmo musulmá.

      • Situado nunha antiga fábrica conserveira, mostra o patrimonio asociado coa ría de Vigo. A recreación de varias batallas, especialmente a de Rande en 1702, reforza a importancia estratéxica da ría.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar durante a primeira quincena de maio para promocionar o choco, elaborado segundo distintas receitas: desde as máis tradicionais, coma a empanada ou o arroz con chocos, ata algunhas máis innovadoras, coma os chocos con fabes.

      • Montículo que, preto do río Verdugo, ofrece un dominio visual excepcional da entrada da ría de Vigo, das súas ribeiras e mesmo das illas Cíes. Achouse a necrópole megalítica de Cortello dos Mouros e a Mámoa do Rei. Foi ocupado por un castro da Idade do Ferro e, no ano 1477, o bispo de Santiago, Alonso Fonseca, construíu un castelo. Posteriormente, na súa cima construíuse unha ermida dedicada á virxe da Peneda.

      • Situada no extremo interior da ría de Vigo, agora deshabitada, foi declarada espazo protexido e foi escenario de sucesivos ataques piratas e batallas. Foi ocupada por un mosteiro en época medieval, por un lazareto no século XIX e por unha prisión durante o franquismo. Actualmente acolle un centro de recuperación da memoria histórica.