08

08.SABOREA A COMARCA DE PONTEVEDRA

UN TESOURO ARTÍSTICO

UN TESOURO ARTÍSTICO

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • A LAMA, PONTE CALDELAS E PONTEVEDRA

      • Festa gastronómica que ten lugar no mes de maio e na que se poden degustar racións de codillo de porco estufado, con guarnición de patacas asadas, cenorias, chícharos e champiñóns.

      • Zona que reúne un conxunto de petróglifos, gravados rupestres ao aire libre, que se poden observar desde un sendeiro. Os gravados mostran cazoletas, combinacións circulares, motivos xeométricos e representacións zoomorfas.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio e á que acoden pescadoras e pescadores de toda España para participar nun concurso de pesca no río Verdugo. O evento acompáñase de degustacións de troitas preparada de distintas maneiras.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en marzo e na que se homenaxea este produto. Noméase aos cabaleiros e damas da Orde do Caldo e hai actuacións musicais e verbena.

      • É un dos mellor conservados de España, con rúas asoportaladas que conducen a prazas de grande encanto. Paseando descóbrense antigos casaróns, o convento de San Domingos ou a basílica de Santa María A Maior, varias igrexas conventuais ou o santuario da Virxe Peregrina (1778), cuxa planta lembra ás cunchas de vieira.

      • Fundado en 1927, é a institución museística máis importante Pontevedra e un dos museos provinciais máis importantes de España. As súas coleccións, con máis de 16.000 obxectos, son dunha alta calidade e diversidade e abarcan desde a Prehistoria ata o século XX, ademais de obxectos etnográficos e de patrimonio naval. Toda unha viaxe pola historia e a cultura da provincia. Está formado por seis edificios: Castro Monteagudo, García Flórez, Fernández López, Sarmiento, Ruínas de Santo Domingo e Sexto Edificio.

      • Está situado no subsolo, onde se achou o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arzobispais. Durante a súa visita pódese descubrir a escarpa e a contraescarpa da fortaleza, así como os alicerces dunha ponte levadiza. Nas escavacións arqueolóxicas recuperáronse 24 bólas de pedra utilizadas como proxectís de catapulta.

  • Día 2:
    • POIO, CAMPO LAMEIRO E BARRO

      • Coñecida como Casa da Cruz, está situada fronte ao estaleiro no que, segundo contan, foi construída unha das naves que partiu ás Indias en 1492: a Santa María, renomeada como A Galega. O museo conserva documentación que demostra a existencia dunha familia de navegantes apelidada Colón, así como a inscrición do cruceiro situado ao pé da casa: Juan Colón R ano 1490.

      • Área con varios conxuntos de petróglifos –gravados rupestres– que se complementa cun centro que divulga a importancia deste legado arqueolóxico e proporciona as claves para a súa posterior visita.

      • Destaca a igrexa que se levantou no século XVII, mestura de influencias clasicistas e barrocas. Acolle un retablo do século XVIII e o sepulcro de santa Trahamunda, moi venerada en Poio. A vista ao museo permite percorrer o antigo refectorio dos monxes e admirar unha colección de pintura e de libros en miniatura. Nos xardíns consérvase o hórreo de maior superficie de Galicia, construído no século XVIII.

      • Construído directamente sobre o granito moi preto do mar, representa a esencia da arquitectura e do urbanismo tradicional, con rúas sinuosas, hórreos, cruceiros e casas mariñeiras.

      • Área arqueolóxica con sendeiros que percorren un dos conxuntos de petróglifos –gravados rupestres– máis importantes de Galicia, con motivos xeométricos e naturalistas. O centro de interpretación desvela os enigmas destas simbólicas manifestacións na pedra. No exterior pódese visitar unha reconstrución de cabanas, estruturas de almacenamento ou cercados para animais.

      • Situados nun salto de auga do río Barosa, o conxunto está composto por 17 muíños hidráulicos construídos nunha forte pendente. A produción de fariña destinábase a abastecer o mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Dous muíños restaurados adecuáronse como espazos gastronómicos e ofrecen comida nun contorno extraordinario.