Catro centros de interpretación sobre a natureza de Rías Baixas
Os diferentes centros de interpretación das Rías Baixas achégannos á natureza, historia e cultura da provincia de Pontevedra. Aquí mostrámosvos catro relacionados con espazos naturais de grande interese. Facede un oco nas vosas axendas para visitalos.
1. Monte Aloia. O monte Aloia ten o privilexio de ostentar o galardón de Parque Natural, xunto con outros cinco en Galicia, sendo este o único na provincia de Pontevedra. E tamén forma parte dun dos 18 espazos protexidos recollidos pola Rede Natura 2000 en Pontevedra. Atópase no municipio de Tui, cidade interfronteriza con Portugal á beira do río Miño. Ademais de carreiros e miradoiros conta con este centro de interpretación que expón como non, a fauna e flora que no parque forestal pódense atopar. A apertura como centro de exposición realizouse en 1998.
2. Escuadro. O segundo centro de interpretación lévanos a Escuadro, no municipio de Silleda , ao norte da provincia. Trátase dun espazo con varios paneis informativos sobre o valor e encanto paisaxístico na contorna da senda que leva ata as bonitas fervenzas do Férveda. Un lugar que propón un paseo de tres quilómetros ao redor dunha paraxe natural envexable.
3. Monte Siradella. O centro está situado no “teito” do Grove, á entrada da ría de Arousa, e expón elementos e restos naturais da comarca, entre os que se inclúen osarios de cetáceos como golfiños ou baleas, ademais de maquetas tradicionais ou recursos fotográficos. O local atópase xunto ao miradoiro de Siradella, punto máis elevado do municipio cos seus 166 metros ofrecendo á vez unhas grandes vistas desta pequena península.
4. Fluvial del río Umia. Os ríos, como a choiva, son unha parte inseparable da paisaxe de Galicia, un elemento que dá vida a toda a natureza que coñecemos hoxe na nosa contorna. O obxectivo do centro sobre o río Umia é exactamente este, dar a coñecer a importancia destas sendas fluviais para os diferentes hábitats e todas as especies que neles habitan e a súa relación co home. O recinto atópase en Cabanelas, Ribadumia.