Natureza

Esperta os teus sentidos, detente e mira. Grandes paisaxes, bosques centenarios e illas abriranse ante os teus ollos se te deixas guiar polo teu instinto. Xunto ao mar ou entre ríos e montañas atoparás unha ampla variedade de lugares cunha gran biodiversidade. Vive As Rías Baixas a través da súa riqueza natural. Unha viaxe interior por escenarios únicos.

Praias

Idílicas e salvaxes, de area branca ou dourada, resgardadas ou en mar aberto. Reláxate, goza dun baño refrescante e déixate envolver polo ambiente das praias da provincia de Pontevedra. Nas illas Cíes, no Parque Nacional das Illas Atlánticas, descubrirás algunhas das máis fermosas do mundo. Sigue o teu instinto e vive a experiencia.

 

Rural

Terra, auga e pedra conviven en harmonía no rural, un territorio máxico de espazos naturais, tradicións e lendas que conserva moi viva a pegada do pasado. Alí atoparás aldeas con encanto, un patrimonio único e unha gastronomía con todo o sabor do campo.

Aventura

Actívate e divírtete en plena natureza. Dálle renda solta á túa enerxía en bicicleta, en kaiak, sobre a táboa de surf ou en canóns e ríos. A oferta deportiva das Rías Baixas saciará a túa sede de aventuras. Sigue o teu instinto entre os mil sendeiros que percorren a costa e o interior e vive a experiencia coas túas amizades ou en familia!

Relax

Pecha os ollos e toma un respiro cos mellores tratamentos para coidar corpo e mente. Descobre complexos termais con todos os servizos necesarios para desconectar e pasar un tranquilo e reparador tempo de lecer. Puro benestar.

Lote Eco

Un lote ecolóxico, artístico e cun fin social. A caixa con bombas de sementes realizada no Centro Juan María de Nigrán, que lles dá apoio a persoas con discapacidade intelectual, contén aromas da natureza dos nosos bosques, sementes de plantas e herbas autóctonas que te farán viaxar polas Rías Baixas. O empaquetado é natural e reutilizable, e a caixa forma parte dun mural creado polas artistas Doa Oa e Elara Elvira.