Pasar al contenido principal
22 de Noviembre de 2025

Un investimento de 150.000€ para promover novas experiencias e desestacionalizar o turismo.

Playas Sin Límites

A través deste proxecto afondarase en experiencias que poden desestacionalizar o segmento sol e praia no destino Rías Baixas, xerando un valor engadido para impulsalo en tempada baixa, con actividades como Experiencias Náuticas, execución de espazos para fomentar un turismo familiar con mascotas mediante o desenvolvemento de rutas costeiras, promovendo o turismo activo ou apostando polo Beach Starlight.

Esta iniciativa está formada por unha agrupación de destinos: Turismo e Planificación Costa do Sol, SPEL-Turismo Lanzarote, Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, Almería Turística e Santander destino. O obxectivo común é mellorar e transformar o segmento sol e praia, achegando un valor engadido para potenciar a vivencia do turista como actividade nuclear do noso proxecto de desestacionalización e o seu uso sen límites temporais.

Volver a noticias