Ir o contido principal

Destino Rías Baixas, a túa app turística personalizada

A app do destino Rías Baixas é unha guía práctica que inclúe todos os puntos de interese totalmente xeolocalizados, para que poidas comezar a túa aventura.

Explora a esencia da provincia de Pontevedra, planifica e mergúllate nunha experiencia 100% Rías Baixas.

RíasBaixasGO, explora e vive unha experiencia completa

Descubre e explora o destino Rías Baixas a través dun xogo de realidade aumentada onde os xogadores buscan e capturan obxectos dixitais en lugares turísticos da provincia de Pontevedra.

Batea, a mascota do destino, será a túa guía e axudarache a conseguir recompensas tras completar a túa aventura.

Vive Pontevedra, turismo e comercio no teu peto

Goza dunha experiencia auténtica e completa na provincia de Pontevedra, descubre lugares emblemáticos e déixate conquistar polo encanto do pequeno comercio local.

Vive o encanto de Pontevedra coa comodidade de telo todo na palma da túa man