Ir o contido principal

DESCUBRIR

Casas de Oya

  • Imaxe
    Casas de Oya
  • Imaxe
    20130728135544_Casas_de_Oya

Weather information is temporarily unavailable.

Calle García Barbón, 17
36201 Vigo Pontevedra
España

Teléfono
Máis información sobre
Vigo

Obra do arquitecto francés afincado en Vigo Michel Pacewicz, o proxecto foi encargado por José García Barbón no ano 1904. Trátase dun edificio ecléctico de corte francés e base neobarroca de forte simetría. A horizontalidade da composición está remarcada pola balconada corrida da primeira e última plantas. Destacan tamén os miradoiros de pedra da segunda planta, con decoración clasicista composta por pilastras con capiteis xónicos que sustentan un friso a modo de entaboamento. Neste caso, a individualización por plantas tan característica do estilo ecléctico é case imperceptible. A planta baixa é de cantería, con almofadado nas pilastras que soportan os arcos de medio punto. A coroación do edificio é unha combinación de peitorís e varandas de granito, sobre as que se sitúan bufardas rematadas en frontóns curvos e partidos adornados con volutas nos laterais inferiores. Actualmente alberga o Hotel NH Palacio de Vigo.

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Valora este recurso
Exposicións
Da pintura
Estilo arquitectónico
Barroco
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Dimensións
1030 m²
Corpo responsable
Cadena Hotelera NH
Propiedade
Privado
Estado conservación
Ben