Castelo de Sobroso
Vigo
San Martiño de Vilasobroso
36879 Mondariz Pontevedra
España
Dende o 1 de outubro de 2025, permanece pechado por obras ata novo aviso.
O castelo, antigamente coñecido como "Soveroso" polas sobreiras ou alcornoques que existían no entorno, está situado nun promontorio rochoso na ladeira doMonte Landín, a 334 metros sobre o nivel do mar. A primeira noticia do Castelo de Sobroso é facilitado pola "Historia Compostelana", fonte histórica de gran importancia durante o s.XII. Refírese á nova de que a raíña Dona Urraca foi sitiada por algún tempo nesta fortificación pola súa irmá Dona Teresa, infanta de Portugal, e o seu fillo Alfonso VII en 1117. Finalmente huiu a Compostela en busca do auxilio do Arcebispo Xelmírez. O castelo está composto na actualidade por tres elementos: unha cerca exterior, que manten nalgún tramo o trazado primitivo do século XII cun perímetro moi ceñido ó edificio, que deixa pouco espazo para a guarnición, o corpo residencial con dúas prantas, a baixa posta para albergar o corpo de garda coas súas tronas defensivas e a torre da homenaxe, que protexe, con seus 13 m, o único flanco polol que o castelo puidese ser atacado. Conforman un conxunto que resulta impoñente dende o exterior polas súas tres estructuras de diferentes alturas e superpostas unhas a outras. O castelo está custodiado por un gran parque forestal que ocupa 30 hectáreas de monte arbolado, onde conviven unhas 40 especies distintas de árbores e pódese disfrutar dunha bonita senda botánica. Nesta senda, o visitante atopará diferentes paneis tecnolóxicos interpretativos que lle facilitará a información sobre os recursos naturais desta bonita senda
