A provincia de Pontevedra consolidouse como un destino de referencia para o turismo MICE grazas á combinación dunha ampla oferta de sedes e aloxamentos, unha gastronomía de excelencia, un valioso patrimonio cultural e paisaxes singulares, apoiados por un sector turístico profesionalizado e preparado para responder ás novas demandas do mercado. As Rías Baixas ofrecen así un equilibrio perfecto entre funcionalidade, autenticidade e experiencias memorables.
Co obxectivo de reforzar este posicionamento nace o Famtrip MICE Rías Baixas, unha iniciativa deseñada para conectar a oferta especializada da provincia con organizadores de eventos e compradores profesionais. A través de visitas técnicas, encontros de negocio e experiencias no territorio, o programa pon en valor o potencial do destino, favorece a creación de novas oportunidades comerciais e contribúe á proxección das Rías Baixas como un destino competitivo e diferencial para o turismo de reunións.
Ao longo de tres xornadas, as persoas participantes descubrirán o territorio mediante visitas técnicas, experiencias gastronómicas e encontros profesionais, destacando o Workshop Profesional MICE Rías Baixas como principal ferramenta comercial para conectar hosted buyers nacionais coas empresas especializadas da provincia. Esta iniciativa, impulsada pola Deputación de Pontevedra co apoio de OPC Galicia, reforza o posicionamento das Rías Baixas no mercado MICE nacional, fomenta a colaboración entre o sector público e privado e xera novas oportunidades de negocio.