INSPÍRATE
Rías Baixas Fest - Underfest
O Festival Underfest é unha iniciativa que xorde no 2018 coa intención de presentar en Vigo unha programación variada e diferente, que reúne artistas internacionais xunto cunha selección de nomes estatais, nunha aposta firme por ofrecer un menú musical de calidade e afastado das propostas habituais.
Envolto nun formato peculiar, o festival ofrece múltiples concertos nos principais escenarios de Vigo así como en espazos singulares, xunto con actuacións de balde en puntos estratéxicos da cidade. Unha programación ecléctica que combina diferentes estilos, fomentando unha experiencia musical distinta, onde proliferan as sinerxías entre un amplo abano de público que busca programacións fóra do convencional.
Onde: Vigo
Desplegable