DESCUBRIR
Cruceiro da capela de Travesas
Avenida de Castelao, s/n
36208 Vigo Pontevedra
España
Weather information is temporarily unavailable.
Cruceiro ao que se lle atribúe a tipoloxía dos cruceiros de capela ou de Loreto. Na súa base aparece a inscrición: “Avenida de Castelao 1981”. O fuste presenta elementos decorativos nos extremos dos chafráns con formas de vieira, catro na parte superior e catro na inferior, que serve de base para a capela que leva enriba. Esta ten unha figura franciscana, unha de Santiago Matamoros e unha de Cristo portando a cruz de camiño ao Calvario. Na parte central do fuste atopamos un libro aberto no que figura o título As cruces de pedra na Galiza, obra de Castelao de 1949. Debaixo deste aparecen gravados rupestres. Por último, na cruz hai un Cristo crucificado.
Pontevedra
- Imaxe
- Imaxe
- Imaxe
- Imaxe