Cruceiro da Corga de Arriba
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Santa María de Cequeril
Cuntis Pontevedra
España
Cruceiro que nace sobre unha base cúbica feita en perpiaño granítico que remata cunha parte saínte con rebaixe inferior. Por riba dela outra base cúbica de menor tamaño con arestas rebaixadas.
A continuación o varal que comeza cunha pequena sección cadrada e continúa coas arestas rebaixadas.
O capitel, decorado con volutas e rostros de anxos nos catro lados, dá paso a unha cruz de brazos potenzados e remates en botóns na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado acompañado dun anxo na súa parte dereita, e a Virxe con coroa e apoiada sobre unha peaña con forma de anxo
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Necesidade rehabilitación