Ir o contido principal

DESCUBRIR

Cruceiro de Fontiña

  • Imaxe
    Cruceiro de Fontiña

Weather information is temporarily unavailable.

Arcos da Condesa (Santa Mariña) Pontevedra
España

Teléfono
Máis información sobre
Caldas de Reis
Este elemento arquitectónico foi trasladado en varias ocasións, o primeiro lugar foi no lugar de Fontiñas, onde tamén existía unha antiga presa de auga. Nos anos 60 foi arranxado o vello camiño da aldea poñendo pedra con morteiro no camiño e o cruceiro foi trasladado enriba da fonte e con el tamén a presa. Nos derradeiros anos, ao sanear a fonte, volveu ser trasladado e agora preside o lavadoiro e a presa de auga de rego das hortas do enxido. A base do cruceiro é o mesmo muro da presa e lavadoiro, sendo esta cúbica con dúas molduras e bocel superior. O varal octogonal ten dúas figuras, unha delas representa a San Antonio de Padua, (ten amputada a cabeza suponse por mor dos traslados) e San Martiño. Coróase cun capitel cadrado con molduras onde se apoia a cruz. No fronte amósase a figura de Cristo con tres cravos, mans pechadas, nó do pano de pureza no centro e o pé dereito por riba do esquerdo, todo baixo cartel de INRI. Detrás, imaxe da Virxe das Dores sobre nube e cuberta cun manto
Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Edad Moderna (XVI-XVIII)
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben