Cruceiro de Hío
Vigo
O Igrexario
36945 Cangas Pontevedra
España
Está considerado un dos cruceiros máis importantes de Galicia. A súa talla representa dramáticamente os momentos máis significativos da vida humana, dende a creación ata a redención, de xeito simbólico. A iconografía é barroca. O propio simbolismo das figuras está discutido. Durante moitos anos foi considerada obra de José Cerviño García en 1872, pero os últimos estudos aseguran que é obra de Ignacio Cerviño Quinteiro. Está dividido en tres grandes bloques de pedra, móstranos a historia da cristiandade que comeza na base, con Adán e Eva consumando o pecado orixinal, continúa no fuste coa imaxe da Inmaculada, e finaliza na cruz coa escenificación do desencravo de Cristo. Está situado na praza da igrexa de San Andrés, e a excepción dalgunhas tallas exentas, case todo o cruceiro foi elaborado nunha soa peza de granito