Cruceiro de Morouzos
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Santa Eulalia de Dena
Meaño Pontevedra
España
Teléfono
Cruceiro cun total de 7 metros de altura que nace sobre 5 chanzos de sección octogonal. A súa base. tamén de sección octogonal, posúe as arestas rebaixadas.
O varal comeza e sección cadrada e segue en octogonal perdendo grosor a medida que sube. Nel podemos ver varias imaxes:
* un peto de ánimas de sección sección rectangular que remata en arco de medio punto. No seu interior vemos a imaxe de Cristo crucificado en posición central e catro figuras máis ao redor.
* varias imaxes como a de San Miguel Arcanxo con espada e balanza, San Francisco, unha santa, e un Santo Antonio co Neno no colo.
O capitel ten forma tronco piramidal ornamentado con volutas, follas de acanto e cabezas de anxos nos seus lados, excepto baixo o cristo onde hai unha caveira.
O conxunto remata nunha cruz de sección octogonal na que aparecen as imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno, coroada por dous anxos e aos pés tres cabezas de querubín
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben