Ir o contido principal

Cruceiro de O Meixueiro

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Ponte Caldelas

Lugar de Caldelas
Ponte Caldelas Pontevedra
España

Teléfono
O cruceiro, que ten tallado nun só bloque de pedra a columna, capitel e cruz, atópase sobre unha plataforma cadrada de tres banzos con acceso polo catro lados. O primeiro só ten subida pola fronte e a metade dun lado, estando o resto en liña co terreo. O pedestal, encaixado ata a base do terceiro paso, é cúbico e con arestas. A columna é cilíndrica e séguelle un capitel prismático dunha talla moi rustica. En cada cara móstrase unha cabeza de tipo pelado cun desgaste moi manifesto, sobre todo en dous delas.  A cruz, de sección rectangular e considerable grosor con remate de brazos e testero moi erosionado. Leva cartela de INRI. O Cristo está todo o pegado á cruz. Na cabeza, apréciase a coroa, barba e a cara moi triangular. No tronco nótanse as costelas; as pernas baixan paralelas e cruza o pé dereito sobre o esquerdo.  No reverso non ten imaxe, pero apréciase un medio óvalo no comezo da cruz
Máis información sobre
Ponte Caldelas
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XIX
Propiedade
Público
Estado conservación
Necesidade rehabilitación