Ir o contido principal

Goleta Nieves Cuatro

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Vigo

Muelle de reparaciones de Bouzas
36208 Vigo Pontevedra
España

Teléfono

Concibida como un buque mercante, serviu ao longo dos seus case cen anos de historia como transporte de mercadorías, coma a arxila, o sal ou o carbón, e cubriu rutas marítimas polo Cantábrico e entre a península e Baleares. É a embarcación tradicional de maior porte que existe actualmente en Galicia e unha das máis antigas. Inicialmente estaba propulsada só a vela e tiña tres paus. Construída en madeira de piñeiro e carballo nun estaleiro de Broña (Muros), o seu primeiro porto base foi Noia, e posteriormente recalou en distintos portos do Mediterráneo e Canarias. En 2006 foi reconvertida en motoveleiro con dous paus, ata que a principios do século xxi foi comprada por unha empresa do Grove, que lle devolveu o seu nome inicial. Participa habitualmente en concentracións e encontros de embarcacións tradicionais.

Máis información sobre
Vigo
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Taxa
250 €/ hora
Tipoloxía
Mariñeiro popular
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Cronoloxía
1919
Dimensións
32 m de eslora, 8 m de manga y 3,2 m de puntal
Propiedade
Privado
Estado conservación
Ben