Ir o contido principal

DESCUBRIR

Iglesia de Santa Uxía de Mougás

36309 Mougás Pontevedra
España

Teléfono

O tempo nesta zona

É unha parroquia que se localiza no Concello de Oia. Así nesta parroquia apareceu a chamada "Pía de Mougás", unha pedra labrada cunha inscrpción latina que falaba de sacrificios, que actualmente se conserva no Museo de Pontevedra. Ademais existen varios castros prerromanos e diversos petróglifos, destacando ou conxunto de "Cabeciña". A igrexa parroquial, situada nun lugar destacado e orientada seguindo os parámetros establecidos, (fachada cara ao oeste, representando o ocaso e morte; e o altar maior ao leste, representando nacemento do sol e a vida),é un lugar onde se atoparon unha lauda prerrománica e unha talla de madeira gótica que representa á Virxe co Neno, conservada no Museo de Pontevedra. A igrexa orixinal de estilo románico data do ano 1137, pero non se conserva ningún resto. A actual igrexa erguiuse en 1698, e foi reformada no 1840 polo mestre tudense Xosé Areal. Templo de planta rectangular dividido en tres naves con arcos de medio punto sobre pilastras e ábsida cuadrangular. Conserva catro retablos de estilo barroco do século XVIII
Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
Oia

Valora este recurso
  • Imaxe
    Iglesia de Santa Uxía de Mougás
  • Imaxe
    20130730194816_POSTERIOR
  • Imaxe
    20130730194525_LATERAL_
  • Imaxe
    20130730194355_FACHADA_PRINCIPAL
Estilo arquitectónico
Popular
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Cronoloxía
1619
Corpo responsable
Diócesis de Tui-Vigo
Estado conservación
Ben