Ir o contido principal

DESCUBRIR

Jardín Granja de Briz

c/ Puente, s/n
36900 Marín Pontevedra
España

Teléfono

Weather information is temporarily unavailable.

A Granxa de Briz é un pequeno remanso de paz situado en pleno casco urbán de Marín, un paradisíaco lugar tamén coñecido como o Parque dos Sentidos. Un lugar perfecto para ofrecer ós máis pequenos unha infinidade de xogos infantís, de recreo e de ocio entorno a unha lagoa. Este lugar pertenceu ós monxes de Oseira e foi coñecido como a Granxa da Costa. No século XIX, trala desamortización, foi adquirida por Roberto Munaiz, pasando así a mans privadas, quenes levantaron unha vivenda no solar bautizado como Villa Paula. Anos despois, en 1942, unha das súas descendentes, Ana Mª Saraiva Munaiz, casada con Marcelino Briz, decidiu construir na finca unha casa que se convertiría na residencia de verán da familia Briz Saraiva. Foi entón cando o lugar pasa a coñecerse como a Granxa de Briz e se convertiu nun punto de encontro de numerosas celebridades da época: militares, políticos, empresarios e persoalidades do lugar. Finalmente no ano 1999, a Granxa de Briz foi adquirida polo concello de Marín ós irmáns Briz Saraiva, para destinalo a fins sociais e aberto ó público
Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Marín

Valora este recurso
  • Imaxe
    Jardín Granja de Briz
  • Imaxe
    20131118133500_Granja_de_Briz
  • Imaxe
    br2
Tipoloxía
para nenos
Corpo responsable
Concello de Marín
Propiedade
Público
Dimensións
23.690 m2  
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Estado conservación
Ben