Pazo de Montesacro
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
R/ Narciso Pérez, 69
36630 Cambados Pontevedra
España
O Pazo está situado sobre un alto con vistas ó mar -ó estilo dun miradoiro- fronte a unha plazoleta cunha escalinata de acceso onde Diego de Zarate e Charanga, I Marqués de Montesacro por decreto de Felipe V. O marqués mandouno construír no s. XVIII ó estilo barroco da época. Destaca na súa fachada o elegante escudo de armas dos Zárate e Charanga, timbrado pola cruz de Santiago e a coroa do marqués, da cal sae un brazo esgrimindo unha espada. En 1937, a esposa do VIII Marqués de Montesacro, Juana María Grisone, ó quedar viúva e sen fillos decidiu vender o Pazo. Nun primeiro momento a compra íaa a realizar o empresario cambadés Manuel Otero, pero finalmente optou por cedela ás Hermanitas da Caridade para que puidesen ampliar o asilo que por aquel entón se situaba no Pazo de Torrado. En 1942 foi remodelado e aínda actualmente segue funcionando como asilo sendo rexentado por esa orde
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Estilo arquitectónico
Barroco
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Cronoloxía
S. XVIII
Corpo responsable
Las Hermanas de La Caridad
Propiedade
Privado
Estado conservación
Ben