Ir o contido principal

Peto de ánimas de Montserrat

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Cuntis

Lugar de A Casiña, San Breixo de Arcos
Cuntis Pontevedra
España

Peto de ánimas de tipo pechado que nace sobre unha base de recente factura. A fornela, protexida por unha porta metálica, posúe arco de medio punto e pilastras laterais. Na parte baixa vemos o caixón das esmolas con tampa metálica No seu interior podemos ver un retablo pétreo no que aparecen varias imaxes: no centro vemos a Virxe que suxeita ao Neno cunha man e a bola do mundo coa outra; aos lados aparecen dous santos. Na curvatura exterior da fornela existe unha inscrición moi erosionada. O conxunto remata cunha cruz sobre unha base moldurada
Máis información sobre
Cuntis
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben