DESCUBRIR
Santuario de A Saleta
Weather information is temporarily unavailable.
Dende que no ano 1846 tivo lugar a aparición nos Alpes da Virxe, o acontecemento propagouse por toda Europa.
A nova chega ó coñecemento de Francisco Mª de Rivas, quen funda o Santuario na súa honra na parroquia de Siador, convertíndose no primeiro Santuario de España en 1863 con advocación mariana en hora á Nosa Señora da Virxe da Saleta.
A devoción á Virxe da Saleta sigue medrando e así, encargaron unha talla da imaxe da Virxe en madeira, realizada polo escultor Magariños de Santiago quen a remata a finales de maio de 1864. O 26 de xuño de 1864 foi trasladada a Siador a hombros dende a capital galega, sendo acompañada dunha gran afluenza de devotos. Nace así a aprobación canónica e de culto do primeiro Santuario Saletino de España.
No ano 1984 o Santuario e a parroquia pasan a ser atendidos pastoralmente por Padres Saletinos procedentes da comunidade de Valladolid, e con posterioridade, no ano 1986, inaugúrase o Centro Espiritual e a Casa de Oficios da Comunidade Misioneiros.
No ano 2001 constitúese a "Fundación Santuario de Nosa Señora da Saleta" co obxeto de difundir o legado saletino, así coma o impulso do Santuario en todo aquelo que afecta á conservación e mellora do mesmo e do seu entorno
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Valora este recurso
- Imaxe
- Imaxe
- Imaxe
- Imaxe
- Imaxe
Lingua
Gallego
Español
Aparcamento
Si. Libre
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
S. XIX
Corpo responsable
Diocesis de Lugo
Estado conservación
Ben