Ir o contido principal
06 de Marzo de 2026

Produto turístico “Baixo o Ceo das Rías Baixas”

Logo Baixo O Ceo das Rías Baixas

O 12 de agosto de 2026 un eclipse solar atravesará a península ibérica, sendo o mellor lugar do mundo para velo, polo que cabe esperar que acuda un importante público internacional, o primeiro eclipse total de Sol visible na península en máis dun século.

Na provincia de Pontevedra o eclipse será visible nun 99%, o que significa que a lúa chegará a tapar completamente o disco solar durante uns minutos, o cal dará comezo ás 19.30h, alcanzando a totalidade ás 20.30h e finalizando ás 21.20h.

Aproveitando esta grande oportunidade, créase “BAIXO O CEO DAS RÍAS BAIXAS” un produto turístico experiencial e divulgativo, que posicionará a provincia como destino de referencia a través dunha rede de puntos de observación do eclipse solar, promovendo experiencias colectivas, seguras e vinculadas á paisaxe, ao territorio e á identidade local.

Dende Turismo Rías Baixas estamos traballando  nunha acción coordinada de promoción dos 61 concellos, para identificar e difundir puntos singulares de observación para que poidan funcionar como espazos de encontro cidadán e turístico durante o eclipse. 

Para elo, solicitamos a colaboración dos 61 concellos para que nos indicasen:

  • Un punto do concello especialmente axeitado para a observación do eclipse.

  • A posibilidade de que ese espazo acolla unha quedada ou punto de encontro organizado.

     

Os concellos participan como axentes activos do produto, asumindo principalmente:

  • A identificación dun punto idóneo de observación.

  • A colaboración loxística básica, se procede.

  • A integración do produto na súa comunicación local.

 

Actualmente 37 concellos da provincia amosaron o seu interés para participar en tal acción.

Turismo Rías Baixas asumirá a promoción provincial desta acción a través da súa páxina web e redes sociais, así como a adquisición de gafas homologadas para a observación do eclipse, estas mesmas se distribuirán a través dos concellos interesados na acción.

Volver a noticias