Ir o contido principal
30 de Xullo de 2026

Cita irrepetible durante o atardecer do mércores 12 de agosto

Baixo o Ceo das Rías Baixas
Eclipse solar 12 de agosto

O verán sempre nos trae momentos únicos e este ano faranos vivir unha experiencia máxica e conmovedora, ao ver como o día se converte en noite, case coma se o universo fixese unha pausa só para que o observemos, unha parada na nosa rutina para compartir unha vivencia que gardaremos gravada na nosa memoria.

Esta cita irrepetible sucederá durante o atardecer do mércores 12 de agosto de 2026, un acontecemento extraordinario que desde o ano 1912 non se volveu presenciar na península ibérica, un recordatorio do pequenos que somos e do conectados que estamos con algo máis grande.

Na provincia de Pontevedra será visible nun 99 %, o que significa que a Lúa chegará a tapar completamente o disco solar durante uns minutos, durante este instante a luz e as cores cambiarán, as sombras afinaranse e o silencio aparecerá sen que ninguén llo pida para que despois broten as emocións.

Ao coincidir en pleno verán, as posibilidades de contar con ceos despexados aumentan, polo que este espectáculo natural poderá contemplarse desde calquera recuncho aberto da nosa provincia.

Por iso, para tal evento, identificamos puntos singulares que funcionarán como espazos de encontro e que conforman unha rede de puntos de observación provincial; segundo a túa localización, suxerímosche no noso mapa algúns dos lugares máis axeitados para gozalo.

Tamén poñemos á túa disposición un díptico con toda a información que necesitas para comprender e gozar deste extraordinario fenómeno astronómico: unha eclipse solar. Nel atoparás recomendacións, curiosidades e consellos para observala de forma segura.

Descarga o díptico aquí

 

Volver a noticias