A Rías Baixas Film Commission acaba de ser nominada na primera edición dos Premios "Anillos de Oro”
A Rías Baixas Film Commission acaba de ser nomeada na primeira edición dos Premios "Anillos de Oro” polo seu labor entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2025.
Este servizo, integrado en Turismo Rías Baixas, foi nomeado na primeira edición dos premios, un recoñecemento que distingue as iniciativas máis destacadas na promoción e no desenvolvemento do sector audiovisual e cinematográfico e que recoñece o traballo dos profesionais que fan posible cada produción.
Durante o pasado ano, a Rías Baixas Film Commission estivo en contacto con máis de 60 producións de rodaxes na provincia e asistiu a diversas feiras e eventos como o Shooting Locations MarketPlace de Valladolid ou o FOCUS London do Reino Unido. Ademais, este ano está prevista a asistencia ao Festival de Cine de Málaga.
Esta nomeación pon en valor a profesionalidade, a capacidade de xestión, resolución e acompañamento da Film Commission, que demostrou un apoio excepcional e un impacto positivo no desenvolvemento e na rodaxe das producións realizadas na provincia.
Os encargados de realizar as votacións das que sairán os gañadores serán os membros do Círculo de Profesionais das Series Españolas. Os finalistas resultantes destas votacións anunciaranse a comezos do mes de maio.
A gala celebrarase o 20 de xuño de 2026 no Recinto Feiral de Santa Cruz de Tenerife.