Ir o contido principal
03 de Setembro de 2025

Turismo Rías Baixas avanza en la creación de una plataforma virtual para la puesta en valor de la Rapa das Bestas

Rapa das Bestas
Plataforma Rapa das Bestas
Palacete de las Mendoza

A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, participou nunha das últimas reunións de coordinación para ultimar a implantación dunha innovadora plataforma museográfica virtual dedicada á Rapa das Bestas.

Este proxecto, enmarcado dentro do Plan de Sostibilidade Turística do destino Deza - Terra de Montes e financiado cos fondos Next Generation, poñerá en valor o patrimonio cultural e etnográfico da provincia, buscando ofrecer á cidadanía e ás persoas visitantes unha experiencia inmersiva que permita coñecer en profundidade a tradición da Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada de Interese Turístico Internacional.

A nova plataforma integrará recursos audiovisuais, contidos interactivos e materiais divulgativos que achegarán a públicos de todo o mundo a historia, o simbolismo e a riqueza cultural desta celebración única. O obxectivo é contribuír tanto á difusión desta manifestación como á súa consolidación como atractivo turístico sostible e de calidade no ámbito das Rías Baixas.

Volver a noticias