Ir o contido principal

GUÍAS

Descarga as guías Rías Baixas

Rutas en moto

En roteiro polas Rías Baixas

Guía

Más información

Din que quen o proba repite. Percorre As Rías Baixas para gozar dunhas vistas espectaculares e vivir experiencias inesquecibles. Asegurámoste que este lugar por estrada é diferente. Percórreo sen présas e escolle as alternativas que mellor se adapten aos teus gustos e necesidades.

Déixate seducir polas Rías Baixas!

Experiencias Rías Baixas

Experiencias Rías Baixas

Guía

Más información

Experimentar un lugar é vivilo, respiralo, sentilo. As Rías Baixas son unha contorna perfecta para vivir unha desas viaxes que se gardan na memoria para sempre, xa que ofrecen moitas posibilidades e sorpresas. Podes planificar experiencias, itinerarios ou rutas, pero hai algo que non podes planear: as túas emocións. O que vives nas Rías Baixas é algo inexplicable, algo máxico, así que esquécete do tempo e déixate levar.

 

Patrimonio

Patrimonio Rías Baixas

Guía

Más información

Visitar As Rías Baixas e descubrir o seu patrimonio é a mellor maneira de entender todos os segredos que garda esta terra. Pazos, castelos, fortalezas, edificios medievais, torres, xacementos…

Unha viaxe no tempo cara ao máis esencial: a nosa historia, a nosa cultura. Convidámoste a coñecer os tesouros mellor conservados das nosas rías, porque nas Rías Baixas todo é posible.

Naturaleza

Rías Baixas ao natural

Guía

Más información

Un monte verde e denso onde a maxia respírase. Unhas illas maxestosas onde contemplar a mellor posta do sol do mundo. Unhas praias onde a palabra paraíso cobra sentido.

Cultura

Rías Baixas cultural

Guía

Más información

As Rías Baixas son sinónimo de cultura; cada cidade, cada vila, cada rúa e cada recuncho ofrecen algo único. Recomendámosche que fagas un percorrido polas nosas orixes e te perdas a través da historia visitando desde núcleos de actividade prehistórica ata festas, museos, grandes pazos ou casas señoriais do século xvii.

As emocións están garantidas: sinte As Rías Baixas.