Ir o contido principal

Calvario de la iglesia de Barbudo

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Ponte Caldelas

Castro Barbudo (Santa María)
36820 Ponte Caldelas Pontevedra
España

Teléfono
O conxunto do tres cruces aséntase nun recinto rectangular pechado por unha varandilla de ferro. o piso, de pedra, salva o desnivel do terreo por medio de dous banzos na parte dianteira e un pola de atrás.  O pousadoiro, moi parecedo a unha mesa de altar, presenta un fermoso frontal de sinuosas molduras e adornado cunha placa en círculo no centro. O pedestal da cruz central descansa nunha plataforma cadrada, con resto de ferro nas esquians e manchas do mesmo metal nas pedras do chan, suponse que doutra varandilla anterior.  En cada unha das caras, pechadas nun círculo, atopamos as seguintes inscricións: No frontal: "FÍXOSE SENDO ABAD D. MANUEL MARTINEZ E " Na parte decrecha: "ADMINISTRA DOR JOSE Mª GARRIDO  Na esquerda: "O MESTRE MANUEL GONZALEZ" E na cara posterior lese a data "AÑO DE 1883" O varal é de base cadrada ata unha altura dun metro, cun refundido como ornamentación das caras. A partir desta altura, o fuste convértese en octogonal nun treito doutro metro. As caras do octógono debuxan no seu final un triangulo, o tramo final que é cilíndrico e estréitase lixeiramente no extremo. A media altura, a columna ensina na fronte a figura de San José, e na parte de atrás a imaxe de San Juan Bautista, ambas repousan en peanas. A cruz, cilíndrica e con cartela de INRI, ten na súa fronte a imaxe de Cristo, con coroa de espiñas e ben recortada a barba. Un anxo, situado á dereita da imaxe, recolle nun cáliz o sangue que deixa a ferida do costado. Na parte posterior da cruz represéntase á Virxe do Rosario, coroada, con manto; na man dereita leva un rosario, mentres que na esquerda suxeita ao Niño Jesús, que á súa vez sostén no colo unha cruz.    As dúas cruces laterais asíntanse en pedestais lixeiramente máis pequenos e situados nun plano máis baixo que o central, tendo o da dereita a inscrición de : "DIMAS O BO LADRON". E o da esquerda: "GIESTAS O MAL LADRON"
Máis información sobre
Ponte Caldelas
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XIX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben