Conjunto Etnográfico Eira Grande de Pedre
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Santo Estevo de Pedre, Cerdedo
36139 Cerdedo Cotobade Pontevedra
España
Teléfono
Na Eira Grande están agrupados un gran número de hórreos repartidos ó redor dunha praza situada nas inmediacións da igrexa parroquial, un cruceiro e un calvario.
As eiras son agrupacións de hórreos, que normalmente se sitúan en maior número nas serras do Suído, Candán e Faro de Avión, en aldeas conformadas principalmente por casas acaroadas ou moi próximas onde non é posible emprazar o hórreo á beira da casa. Os conxuntos de hórreos están asociados a eiras comunais que son obxecto dunha propiedade colectiva e sometidos a un réxime de quendas establecidas entre os veciños. A contorna do recurso está formado por unha praza onde se sitúan varias casas de labranza de paredes unidas, unha fonte, un cruceiro, o calvario e árbores autóctonas.
Esta contorna ten un gran encanto por representar unha imaxe única da Galicia rural
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XVIII
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben