Monasterio de Santa María de Oia
Ciudad máis próxima:
Vigo
Rúa do Párroco Don Claudio Rodal Fandiño
36794 Oia Pontevedra
España
Teléfono
O Mosteiro de Santa María de Oia, monumento BIC desde 1931, comezou a construírse a mediados do século XII, vinculado ós privilexios outorgados polo rei Alfonso VII.
Comunidade rexida pola regra de san Benito, no ano 1185 pasou a formar parte da Orde do Císter. Pódense observar elementos arquitectónicos románicos, góticos e barrocos, froito das reformas sufridas desde a súa construción ata o século XX. Cabe destacar a construción da sancristía, o coro alto, o claustro procesional e o piso baixo dos cuartos monacales durante o século XVI. No século XVII créase a cociña vella, a despensa, os novos dormitorios, amplíase a biblioteca e a adega, e tamén as obras para a defensa da costa e fortificación do mosteiro coa muralla de clausura e a da praia, e créase a praza de armas coas súas merlones e troneras.
Durante o s. XVIII refórmase a fachada da igrexa, e créase a torre e dúas novas naves.
No s. XIX, como consecuencia da Desamortización de Mendizábal o conxunto monacal pasa a ser propiedade privada e a igrexa propiedade da parrroquia.
No s. XX engádense diferentes dependencias como a enfermería ou a capela.
O coñecido Camiño Portugués a Santiago, parte do tronco occidental Lisboa-Coimbra-Oporto e dispérsase en tres camiños: o do interior, tamén chamado Central; o do Norte que debe o seu nome á súa proximidade do Santuario portugués Nossa Señora do Norte e o da Costa tamén chamado Camiño Monacal. Por este último, os peregrinos cruzaban a fronteira do Miño e subían dende a Guarda ata Redondela, onde se unen as tres rutas portuguesas facéndose unha ata o seu destino. O Camiño Portugués pola Costa existe polo menos dende 1450, e un dos refuxios máis importantes era o Mosteiro de Santa María de Oia. Coñécense referencias de que o Mosteiro contaba ademáis cun importante hospital, algo básico para os peregrinos, xa que naqueles tempos non eran poucos os perigos dos camiños. Así pois o Mosteiro configurábase coma un importante balón de osíxeno onde recabar forzas para o tramo galego recén comezado
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Lingua
Gallego
Español
Inglés
Estilo arquitectónico
Medieval
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Cronoloxía
S. XII - XX
Corpo responsable
Residencial Monasterio de Oia, S.A.
Estado conservación
Necesidade rehabilitación