Ir o contido principal

Pazo de Quintáns

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Sanxenxo

Santo Estevo de Noalla
36990 Sanxenxo Pontevedra
España

Teléfono
Construído no século XVII (o seu fundador foi o abade de San Pedro de Vilalonga, Pedro de Paadín), é un edificio con planta en forma de L, rodeado por un maxestuoso muro de sillería de granito moi ben elaborado. Dispón dunha capela do século XVII declarada Ben de Interese Cultural e un gran hórreo. A planta deste Pazo disponse en escuadra e ten andar baixo e un piso. Na fachada principal destaca un balcón de pedra en voladizo ó longo da mesma, con varanda de madeira. Este balcón fai as funcións de solaina, pois está orientado ó sur e comunícase co interior da casa a través de dúas portas acristaladas. A fachada leste está comunicada co horto e tamén é destacable a porta de arco de medio punto do pequeno oratorio. O Pazo conta con dous escudos heráldicos: un entre as dúas portas que dan ó balcón, coas armas dos Valladares e os Padín, e outro posterior coas armas dos Rivera, os Figueroa, os Ulloa, as Torres e os Aponte. Antigamente foi unha torre integrada no Casal de Moldes, do Mariscal Suero Gómez de Sotomayor e na actualidade pertence a Pedro Castiñeiras Muñoz
Máis información sobre
Sanxenxo
Valora este recurso
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Taxa
Gratuito
Estilo arquitectónico
Barroco
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
s. XVII
Corpo responsable
Concello de Sanxenxo
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben