Ir o contido principal

DESCUBRIR

Xardíns do Pazo - Museo Quiñones de León

Parque de Castrelos, s/n
36213 Vigo Pontevedra
España

Teléfono

O tempo nesta zona

A orixe do pazo remóntase ao antigo Pazo de Lavandeira, unha construción levantada arredor de 1670. A súa propiedade pertenceu á familia Tabares ata o século XVIII, cando pasou a mans dos Montenegro. Xa a comezos do século XIX, herdouno dona María de los Milagros Elduayen, VIII marquesa de Valladares, e o seu esposo, Fernando Quiñones de León, marqués de Alcedo. En 1924 foi doado á cidade de Vigo coa condición de convertelo nun museo e parque público.

A zona axardinada concibiuse ao estilo dos grandes xardíns da Francia barroca, a partir dun eixe lonxitudinal perpendicular á fachada que permite contemplala na súa totalidade dunha soa ollada. Os xardíns trazáronse a finais do século XIX e divídense en seis partes ben diferenciadas: o xardín de acceso, o xardín de rosas, o xardín francés, o xardín inglés (ou «pradería do té»), a solaina ao fondo e o bosque.

Son varios os xardíns galegos que forman parte da Ruta da Camelia, pero só os xardíns de Quiñones de León contan cunha camelia coñecida como «Matusalén», que presume de ser o exemplar da súa especie máis lonxevo de Galicia.

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Vigo

Valora este recurso
  • Imaxe
    Jardines del Pazo - Museo Quiñones de León
  • Imaxe
    Jardines Quiñones de León
  • Imaxe
    Jardines Quiñones de León
  • Imaxe
    Jardines Quiñones de León
  • Imaxe
    Jardines Quiñones de León
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Lingua
Gallego
Español
Inglés
Corpo responsable
Concello de Vigo
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Estado conservación
Ben