Atlántico Express
Buscador

Contido web Contido web

As delicias da nosa viaxe

  • Roscón de Caldas
    Roscón de Caldas Desde sempre tiveron merecida fama os produtos derivados da fariña, elaborados en numerosas panaderías. Especial atención merecen os suculentos roscóns de Caldas, una peculiar sobremesa elaborada con ovos, fariña, manteiga e azucre, de forma e sabor moi característicos
  • Roscón de xema da Guarda
    Roscón de xema da Guarda Serviuse a receita tradicional deste roscón recheo moi característico da zona do Baixo Miño (cortesía das pastelerías Alameda, Estévez, Monstserrat e Rogelio)
  • Albariño Pazo de Villarei, da DO Rías Baixas
    Albariño Pazo de Villarei, da DO Rías Baixas É elaborado cun 100 % de uva albariña na adega situada en San Martiño de Meis, no val do Salnés, en pleno corazón da DO Rías Baixas. Fundada no ano 1993, en Pazo de Villarei elabóranse, seguindo un coidadoso proceso, excelentes viños monovarietais que recibiron numerosos premios
  • Queixos Dona Cobiña (Cobideza, SC)
    Queixos Dona Cobiña (Cobideza, SC) A queixería conta con dúas liñas de produción: a convencional e a ecolóxica. Os produtos convencionais elabóranse con leite de vaca nun sistema de pastoreo, o que lles confire unhas características organolépticas diferenciadoras. O 100 % da produción coa que se fabrican estes queixos procede da comarca de Deza e do municipio de Forcarei, en Terra de Montes
  • Marmelada de amorodo
    Marmelada de amorodo Fábrica de conservas vexetais ecolóxicas de Soutelo de Montes (Forcarei) que hoxe distribúe en case toda Galicia e algúns puntos da cornixa Cantábrica, Barcelona e Madrid. A súa produción vai paralela ás temporadas de cada produto
  • Pan tostado Docampo
    Pan tostado Docampo Marca galega coa que o Grupo Alimentario Docampo comercializa os seus produtos de panificación seca. A calidade das materias primas, o elevado compoñente tecnolóxico nos procesos de elaboración e a orixe galega do produto achegan un valor engadido que fai que o pan tostado Docampo teña unha relación calidade-prezo moi competitiva. Entre as características do produto cómpre destacar a súa elaboración con aceite de xirasol alto oleico, moito máis saudable que a graxa de palma coa que se elaboran outras torradas, e o seu fantástico sabor, o do pan de sempre elaborado en Galicia. Sabe a pan de verdade!
  • Auga Fontecelta
    Auga Fontecelta
  • Pastelería Montserrat
    Pastelería Montserrat Os servizos de almorzo e merenda serán servidos por persoal desta pastelería