A Rapa das Bestas

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Verán
Onde...
Interior Norte   
Os cabalo salvaxes pódense ver en liberdade todo o ano e as festas celébranse nos meses de xuño e xullo.

No mes de xuño empeza en Rías Baixas a celebración dos esperados curros, un labor agropecuario convertido hoxe nunha festa que cada ano atrae a Galicia a un gran número de persoas, chegadas de calquera parte do globo.

A "ruta dos curros" arranca o 2 de xuño en Torroña, Oia, onde a serra da Groba, a 600 metros de altura sobre o nivel del mar, preside o curro no que se realiza a rapa dos cabalos. Tamén no municipio de Oia, a segunda fin de semana de xuño, ten lugar o curro de Mougás, con équidos que proceden das ladeiras da serra da Groba. Seica no século XIII os monxes de Oia practicaban a cría de cabalos en liberdade.

O 15 de xuño a cita coa rapa é en Morgadáns; igual que no caso de Torroña destaca o enclave xeográfico do curro, ó pé do monte Galiñeiro, na confluencia dos municipios do Porriño, Vigo e Gondomar.

Pero tal vez a mais vistosa da provincia de Pontevedra sexa a de Sabucedo, na Estrada, onde durante tres días de principios do mes de xullo se marcan os cabalos e as eguas. Esta celebración declarárona de Interese Turístico Internacional.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Verán
Onde...
Interior Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos