Coñece a capital do Albariño

Buscador
O municipio conta con bodegas pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas, numerosas vinotecas, unha estatua de Baco (deus do viño na mitoloxía romana), un museo dedicado exclusivamente a esta arte e, como non, a Festa do Albariño, convertida na máis importante de España para honrar a un viño e declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Cambados conta cun itinerario propio de bodegas, viñedos, salas de cata e infraestrutura en xeral que, xunto co conxunto histórico, fan deste municipio unha das zonas vitivinícolas máis importantes de España.

A ruta de bodegas de Cambados esténdese por unha superficie de 23,5 km2, dos cales seis se atopan no núcleo urbano e se poden percorrer a pé, mentres que o resto está na periferia, sendo aconsellable para visitalas ir en coche.

Nesta ruta póñense a disposición do público bodegas debidamente sinalizadas mediante  indicadores que apuntan á "Ruta do Viño", con servizos de atención ó público, visitas comentadas, catas e venda de produtos:

Gozar con...
Parella Grupo
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos