Cabecera experiencia

Divisa as tres rías desde un único punto

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte
O parque constitúe unha importante zona de refuxio e de cría para centenares de especies de animais silvestres

A Aula da Natureza de Cotorredondo atópase no Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, conformada por un equipamento de educación ambiental con información dispoñible sobre os distintos itinerarios e actividades que se poden realizar no parque, así como explicacións de carácter medioambiental e patrimonial da zona.

Numerosos son os atractivos turísticos que nos ofrece:

  • Interesantes xacementos arqueolóxicos, mámoas e petróglifos do período Megalítico e da Idade de Bronce
  • Rutas de sendeirismo (encontrarás paneis indicadores sobre os sendeiros distribuídos polo parque)
  • O miradoiro de Cotorredondo, desde o que se poden contemplar a ría de Pontevedra, a enseada de San Simón, ría de Vigo e, os días despexados, a ría de Arousa

Un contorno forestal coma este atrae a ducias de especies de aves durante todas as épocas do ano, e tamén a mamíferos, cuxas pegadas delatan o seu paso polo lugar. Algunhas especies, coma o cervo, pódense ver desde os observatorios de fauna do parque.

O Parque da Natureza de Cotorredondo estrutúrase arredor do lago e dos seus regatos, o que o converte nun espazo no que coexisten especies autóctonas de moi distintas procedencias. Máis de 40 especies de árbores e arbustos, e tamén musgos, setas...

En definitiva, un lugar para descubrir e recordar

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos